lineas

Altofalantes

Andrea De Pascual

"La educación artística no son manualidades: el pensamiento artístico como metodología transformadora en la escuela "

Coordinadora Xeral de Pedagogías Invisibles


Andrea é pedagoga cun máster en Art Education pola New York University a través dunha bolsa Fulbright e fundadora de Pedagogías Invisibles, onde realiza labores de coordinación, deseño e implementación de proxectos en institucións educativas e culturais. Traballou e colaborou en varios centros de arte tales como Matadero Madrid e Brooklyn Museum e organizacións dedicadas á arte contemporánea como Art21. É co-autora xunto a David Lanau do libro “A arte é unha forma de facer (non unha cousa que se fai)”.

Xavier López García

"El cooperativismo (como la poesía) es un arma cargada de futuro"

No seu relatorio "O cooperativismo (como a poesía) é unha arma cargada de futuro"  abordará cuestións coma se o cooperativismo é un modelo empresarial para o SXXI, se pode ocupar un espazo relevante no conxunto da actividade económica ou que papel poden xogar a cooperación e as alianzas para facelo realidade. 

A traxectoria profesional de Xavier López García (Vilanova i a Geltrú, 1961) está integramente ligada ao cooperativismo e a economía social. Posúe unha dilatada experiencia directiva en varias organizacións cooperativas e estivo vinculado a empresas con modelos centrados nas persoas nas que desenvolveu proxectos de cooperación e con vocación de impacto. 

Impulsou e dirixiu o Grupo Clade, primeiro grupo da economía social en Cataluña e foi director xeneral de Cooperativismo da Generalitat de Cataluña. 

Actualmente, colabora con cooperativas e empresas de economía social impulsando e acompañando alianzas.