lineas

Educación e Arte: a arte de innovar, a arte de incluí

Arte, innovación e inclusión son as palabras clave deste Congreso que pretende descubrir e explorar as potencialidades que a relación entre A EDUCACIÓN e A ARTE atesouran.
 
Será un Congreso que traballará a intercooperación, a sustentabilidade, as boas prácticas e o emprendemento e posibilitará un proceso de reflexión conxunta dando visibilidade a esta reflexión e reivindicando así o modelo de escola cooperativa.
 
Invitámosvos a participar nunha viaxe onde compartir experiencias de aprendizaxe a partir de tres itinerarios que cada quen pode facer seus; itinerarios centrados no CORPO, na PALABRA, nas PERSOAS.

 

20º Congreso estatal de Cooperativas de Ensino

Valencia, 23, 24 e 25 de outubro de 2024

MANIFESTO DA ESCOLA COOPERATIVA

 

Quen o organiza?

A Unión Española de Cooperativas de Enseñanza (UECoE), en colaboración coa Unió de Cooperatives d'Ensenyament Valencianes (UCEV), celebrará os días 23, 24 e 25 de outubro o seu vixésimo congreso en València, Capital española da Economía Social 2024.

A UECOE

A UECoE é a entidade representativa no ámbito estatal dos centros de ensino de titularidade cooperativa, que en España supoñen algo máis do 12% da ensinanza concertada. Actualmente agrupa a máis de 600 Cooperativas de Ensino e outros Centros educativos de Economía Social, integrados por 14.850 persoas socias traballadoras e 12.650 traballadores contratados. Os devanditos centros escolarizan a máis de 277.000 alumnos.

A UCEV

A UCEV é a entidade representativa das cooperativas de ensino na Comunitat Valenciana. Intégranna 73 escolas cooperativas ás cales acoden máis de 25.000 alumnos. Son maioritariamente centros concertados que operan nos diferentes niveis do ensino (Primaria, Secundaria, Bacharelato, FP e Universidade) e que desenvolven a súa actividade cun alto grao de vocación de servizo público tratando de responder ás necesidades sociais e educativas dos seus barrios e municipios.

Un Congreso aberto de pao a pao

Dirixido ao mundo cooperativo educativo e á sociedade. E por suposto, aberto á participación activa de todo o mundo: isto é un Congreso cooperativo tanto no que propoñemos vivir, como no que queremos proxectar.