lineas

Altofalantes

Andrea De Pascual

"La educación artística no son manualidades: el pensamiento artístico como metodología transformadora en la escuela "

Coordinadora Xeral de Pedagogías Invisibles


Andrea é pedagoga cun máster en Art Education pola New York University a través dunha bolsa Fulbright e fundadora de Pedagogías Invisibles, onde realiza labores de coordinación, deseño e implementación de proxectos en institucións educativas e culturais. Traballou e colaborou en varios centros de arte tales como Matadero Madrid e Brooklyn Museum e organizacións dedicadas á arte contemporánea como Art21. É co-autora xunto a David Lanau do libro “A arte é unha forma de facer (non unha cousa que se fai)”.

Xavier López García

"Intercoperación, una necesidad de las escuelas para el futuro"

No seu relatorio “Intercooperación, unha necesidade das escolas para o futuro” abordará cuestións coma se o cooperativismo é un modelo empresarial para o SXXI, se pode ocupar un espazo relevante no conxunto da actividade económica ou que papel poden xogar a cooperación e as alianzas para facelo realidade. 

A traxectoria profesional de Xavier López García (Vilanova i a Geltrú, 1961) está integramente ligada ao cooperativismo e a economía social. Posúe unha dilatada experiencia directiva en varias organizacións cooperativas e estivo vinculado a empresas con modelos centrados nas persoas nas que desenvolveu proxectos de cooperación e con vocación de impacto. 

Impulsou e dirixiu o Grupo Clade, primeiro grupo da economía social en Cataluña e foi director xeneral de Cooperativismo da Generalitat de Cataluña. 

Actualmente, colabora con cooperativas e empresas de economía social impulsando e acompañando alianzas.